Erasmus+

IES As Fontinas

Erasmus+ Presentation
PARA QUEN É?
Na actualidade temos mobilidades para:

-Facer a FCT no estranxeiro. Estas prácticas non están remuneradas e teñen que ter unha duración mínima de 248h

-Facer prácticas o ano inmediatamente posterior á graduación. Neste caso é compatible cun contrato a media xornada. Nesta ligazón podes ver exemplos de interese: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesasfontinas/aulavirtual/mod/page/view.php?id=41363

​Estamos traballando para habilitarnos en Bacharelato e... ​nun futuro para FP Grao ​Medio!

Dotación económicada beca: 
  • Utiliza este simulador para facerche unha idea aproximada.
  • Mira o carrusel de diapositivas con información adicional.
  • "Viaxe ecolóxico" quere dicir non ir en avión nin en coche sen compartir. É dicir: en tren, bus ou coche compartido. Ao viaxar así, danche 50 euros máis e a oportunidade de alongar a estancia 4 días.
Tamén podes facer unha estancia de curta duración 5-30 días cunha parte online obrigatoria.

Se es profe, tamén che interesa!!!
Tes a posibilidade de facerunha movilidade de 2 o 3 días financiados + 2 días de viaxe para:
  • estadías de prácticas ou cursos que conten coa aprobación do Sepie.
  • períodos de observación ( jobshadowing) 
  • períodos de docencia en empresas ou en outros centros. 
Cómo? Presentando o teu proxecto á Comisión Erasmus, que procederá a baremar as propostas. As mobilidades do profesorado serán preferiblemente ​en períodos con pouca carga lectiva.

BECA
  • cubre a viaxe e os gastos diarios durante 5 días.
  • O profesorado pode quedar máis tempo na empresa se fora necesario.
  • O profesorado pode quedar máis tempo no país, de ser días festivos. Sempre cuberto polo seguro de viaxes e accidentes que corre a cargo do insitituto.
  • A contía da beca depende do país de destino.
  • calcula aquí a distancia para saber cal sería a túa beca.
  • De non conseguir que a empresa asine o certificado de asistencia, ou de incumprir calquera punto do convenio asinado, poderíase exixir a devolución do importe total da beca.

Podedes atopar toda a información na páxina oficial do SEPIE que é o organismo
que xestiona o programa Erasmus+.
http://sepie.es/educacion-superior/index.html

ANTES

Solicitud, baremación, compromiso, curriculum, entrevista, tarjeta sanitaria, seguro de de responsabilidade civil, profesional e accidentes, convenio, carta Erasmus, factura de compra do billete de avión, xustificante de titularidade da conta bancaria, tarxeta sanitaria europea. Proba online obrigatoria de nivel do idioma de traballo.(Na plataforma OLS) Recibes el 80% de la beca

DURANTE

FCT na empresa. Cumplimentala carpeta de FCT nos dous idiomas. Contacto periódico con la coordinadora Erasmus e FCT. Curso online opcional do idioma de traballo. (Na plataforma OLS) das prácticas e para preparar o traballo de fin de grao. Realización do proxecto de fin de ciclo.

DESPOIS

Traer a avaliación do titor laboral, certificado da estanci ana empresa e carpeta FCT cumplimentada. Realizar a enquisa EUsurvey. (vos chegará por email) Realizar a proba de idioma na OLS (PLATAFORMA ONLINE). Presentación Memoria Final. Traer unha foto do día a día na empresa. Feito o anterior, pódese cobrar o 20% restante da beca.

Es imprescindible ir a facer a materia de FCT?

Non, como recén titulado podes facer practicas de longa duración pola túa conta nunha empresa (e, se a empresa quere, recibir unha pequena compensación económica).
Podes facer unha mobilidade de "curta duración" nunha empresa con parte do traballo online.

En ambolos dous casos o que aprendas non podería ser recoñecido con créditos ECTS, pero tamén quedaría reflectido nun documento de competencias "Europass".

Ti mesm@ podes atopar a túa empresa aquí, entre outros sitios.

A que países podo ir?

Axudámosche a organizar unha mobilidade onde ti queiras, pero por tradición temos contactos en:
  • Irlanda (Admin e Edificación), 
  • Polonia (Administrativo)
  • Malta (Admin e Edificación), 
  • Portugal (Edificación), 
  • Bélxica.(Administrativo)

O páis que me interesa, en que grupo está?

Grupos de países de acollida para los Estados membros de la UE y terceiros países asociados ao Programa:
  • Grupo de países 1 (con custes de vida máis altos): Noruega, Dinamarca, Luxemburgo, Islandia, Suecia, Irlanda, Finlandia, Liechtenstein;
  • Grupo de países 2 (con custes de vida medios) : Países Bajos, Austria, Bélgica, Francia, Alemania, Italia, España, Chipre, Grecia, Malta, Portugal;
  • Grupo de países 3 (con custes de vida máis baixos) : Eslovenia, Estonia, Letonia, Croacia, Eslovaquia, Chequia, Lituania, Turquía, Hungría, Polonia, Rumanía, Bulgaria, Macedonia del Norte, Serbia.

Podo prolongar a miña estancia?

Si, podes facer unha mobilidad de ata 12 meses, aínda que a beca só cubriría tanto tempo como cartos dispoñamos despois dos 48 días laborales que abarca a FCT.
Eso si, serían organizados dende aquí e as aprendizaxes recoñecidas no documento Europass. 

Podo ter outro contrato remunerado?

Si, a beca Erasmus+ non é incompatible cun contrato a tempo parcial, PERO as FCT si son incompatibles con calquera tipo de remuneración. 

Podo recibir outra beca?

Si, Erasmus+ é compatible coa beca do MEC (de feito proporciona máis cartos aos becarios), as da Xunta e as do país de acollida se as houbera.

Podo ter a axuda de viaxe complementaria se vou a unha isla?

Non, lamentablemente é unha axuda para o alumnado que vive nunha rexión ultraperiférica, que non é o noso caso (p.ex. Canarias)
O alumnado que viaxe a Malta ou Irlanda non pode ter esta axuda, aínda que non teña a posibilidade de facer unha viaxe ecolóxica.

Conta a beca do ano en curso??

Si, dende a convocatoria do 2023, a condición de becario amplíase a o:

"curso inmediatamente anterior al que se vaya a realizar la movilidad o en el curso académico en el que se realice la movilidad."

Cantos días de viaxe adicionais se inclúen por viaxe ecolóxica?

Neste caso (habendo cartos) se che darían 50 euros por día en concepto de viaxe ecolóxica e ata 4 días adicionais de beca.

Para máis información, podedes vir ao departamento Erasmus (aula 319) de luns a venres de 10:40 a 12:45Read More


  • Date: 8/11/2024 11:30 AM
  • Location: ies as fontinas (Map)
  • More Info: Departamento Erasmus Aula 319

I BUILT MY SITE FOR FREE USING