Se es profe, tamén che interesa!!!
Tes a posibilidade de facerunha movilidade de
2 o 3 días financiados + 2 días de viaxe para:
- estadías de prácticas ou cursos que conten coa aprobación do Sepie.
- períodos de observación ( jobshadowing)
- períodos de docencia en empresas ou en outros centros.
Como? Presentando o teu proxecto á Comisión Erasmus, que procederá a baremar as propostas. As mobilidades do profesorado serán preferiblemente en períodos con pouca carga lectiva.
BECA- Cubre coma máximo a viaxe (2 días) e os gastos diarios durante 3 días. (A contía depende do país de destino e os cartos asignados pola Axencia Nacional)
- O profesorado pode quedar máis tempo na empresa se fora necesario, sen subvención, pero sempre asegurado.
- O profesorado pode quedar máis tempo no país, de ser días festivos. Sempre cuberto polo seguro de viaxes e accidentes que corre a cargo do insitituto.
- A contía da beca depende do país de destino.
- calcula aquí a distancia para saber cal sería a túa beca.
- De non conseguir que a empresa asine o certificado de asistencia, ou de incumprir calquera punto do convenio asinado, poderíase exixir a devolución do importe total da beca.
Podedes atopar toda a información na páxina oficial do SEPIE que é o organismo
que xestiona o programa Erasmus+.
http://sepie.es/educacion-superior/index.html